🎃CORRE, CORRE CABACIÑA, CORRE, CORRE CABAZÓN🎃

🎃CORRE, CORRE CABACIÑA, CORRE, CORRE CABAZÓN🎃

Compartir post

En el aula de 0-3 empezamos a preparar nuestra calabaza de Samaín. El primer paso es vaciarla, estimulando el desarrollo de los sentidos como el tacto, el olfato o el gusto.

Era unha velliña que foi convidada a voda dunha neta, Xa estou preparada!!!

E topou cun lobo: Quérote papar!! Non me comas, lobo, teño que engordar!!!

Non vin vella, nin velliña, Nin velliña, nin vellón.

Corre, corre, cabaciña, Corre, corre, cabazón.

O lobo, que é bobo dixo “aquí te espero” E a velliña andou, andou, andou polo carreiro.

E topou cun oso, Quérote papar!! Non me comas, oso, Teño que engordar!!

Non vin vella, nin velliña, …

O oso orgulloso, dixo “aquí te espero” E a velliña andou, andou, andou polo carreiro.

E topou cun león, Quérote papar!! Non me comas, non, Teño que engordar!!

Non vin vella, nin velliña, …

O león lambón, dixo “aquí te espero” E a velliña andou, andou, chegou polo carreiro.

Ao día seguinte, voda e xantar A festa rachada vai comezar.

Non vin vella, nin velliña, …

A noiva que é lista, foi correndo á horta. E á cabaza grande, abriulle unha porta. A avoa que é lista, botouse a rodar E aos tres famentos conseguiu burlar.

Non vin vella, nin velliña…

Más noticias que leer

O Lar do Babylar

🌰MAGOSTO BABYLAR🌰

No tod@s hemos tenido la oportunidad de probarlas 👅 pero…👁 Vimos su forma y textura🤲🏽 Las tocamos y practicamos la psicomotricidad fina👃🏽Las olimos🖤Nos manchamos y

Uncategorized

🐵🐘LAS MASCOTAS DE BABYLAR🦁🦒

Elefante, Mono, Jirafa y León, las cuatro mascotas de Babylar, están preparad@s para pasar unos días en casa de nuestros pequeños.